imaxe da nova
Asociación

Propostas de medidas para a crise do coronavirus

imaxe do usuario Xestor Xestor
19 abril 2020

Músicas ao Vivo segue traballando nestes difíciles momentos.

A prioridade, como non pode ser de outra forma, é a urxencia sanitaria e a saúde de todos e todas.

Pero tamén  temos que analizar as implicacións que traerá consigo para a cultura, para os traballadores e empresas do sector cultural, e para as músicas e músicos en concreto. Sabemos da situación xeral de precariedade no desenvolvemento normal da actividade de músicos e músicas, o que unido á intermitencia e temporalidade do seu traballo, fai que sexamos dos máis débiles dentro dun sector xa de por si complicado.

Hoxe mais que nunca é necesario a unión de todos e todas para tratar de paliar e solicitar as medidas axeitadas para combater as consecuencias desta situación e das que virán nun futuro próximo. Aínda é cedo para saber o alcance das mesmas, pois dependerá de canto e como se estenda todo isto no tempo.

MAV está en contacto permanente coas diferentes plataformas do sector cultural, tanto de ámbito estatal como autonómico, así como coas administracións na procura de solucións para a situación actual e futura, a raíz da crise sanitaria do coronavirus.

 

Ademais, compartimos propostas conxuntas de outras plataformas:

- Borrador para un documento unificado de propostas de acción de medidas específicas dirixidas ao sector cultural galego polas consecuencias do COVID – 19. (2020)

- Informe de medidas urxentes elaborado por FEMA e a Plataforma en Defensa de la Cultura

Comunicado de las Asociaciones de Músicos y Músicas profesionales sobre la crisis Covid19

- 52 Medidas Extraordinarias da Mesa do sector das Artes Escénicas e a Música COVID-19

Iremos ampliando a lista de comunicados e propostas que saian dos procesos onde MAV participe.

 

Dende MAV propoñemos algunhas medidas específicas para o sector musical:

 

 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información