8 DE ABRIL
DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
Co gallo do Día Internacional do Pobo Xitano, conversamos con Moisés Fernández, xitano e percusionista profesional (na foto, primeiro pola esquerda), membro do grupo musical de Marcos Teira, proxecto premiado en 2019 na categoría de Músicas do Mundo, nos Premios Martín Códax da Música.
1) Que che fai sentir o flamenco?
O flamenco faime chorar, faime rir,... é algo moi especial para min.
2) Tocas o caixón, por que elexiches este instrumento?
A primeira vez que probei o caixón tiña 15 anos e gustoume tanto que dixen: quero este instrumento! e así levo 25 anos. Ademáis tocar a guitarra ou cantar nunca se me deron ben (risas).
3) Como ves o panorama do flamenco en Galicia?
Vexo que cada vez chega a máis xente, e iso é unha alegría para os que facemos esta música.
4) Que pensas que se podería facer para que aumenten os amantes do flamenco en Galicia?
Os Concellos e programadores/as deberían apostar máis polo flamenco tanto nacional como rexional, lembremos que é Patrimonio da Humanidade.
5) Como músico, como ves o futuro na situación actual? Que che preocupa máis?
Se xa estaba mal o asunto coa cultura, agora con isto.... oxalá esté equivocado pero penso que veñen tempos duros. Preocúpame que deixen de programar, a música nunca se debería deixar de lado.
6) Por último, que proxectos de flamenco en Galicia nos recomendas escoitar?
Pois actualmente en Galicia podo recomendarvos a grupos/artistas como Tacón Gitano, Marcos Teira, Los Potros, Sandra Calderón, Trío Fernández, entre outros/as.
Recomendacións de Moisés sobre flamenco feito en Galicia
https://www.youtube.com/watch?v=73gKo_3Orm0
https://www.youtube.com/watch?v=QWHxUz89aDs
https://www.youtube.com/watch?v=SlMLjMbSrow
https://www.youtube.com/watch?v=MIwbVWgHc2k
https://www.youtube.com/watch?v=xbIOfjlmzc0
Fotografía: Iván Barreiro