Desde MAV apoiamos esta iniciativa que xurde trala comparecencia que o Ministro de Cultura fixo este martes, na que expoñía que "esta non é unha crise da cultura", sen presentar ningún tipo de medida para combater a situación de máxima urxencia do noso sector durante a crise do COVID19 e obviando as nosas reclamacións.
É preciso dar unha resposta colectiva e convocar unha "folga de cultura" organizando na maior brevidade posible un apagón cultural coordinado en Internet.
Tres semanas de corentena demostraron que a cultura ten un papel esencial no día a día das persoas, pero tamén supuxo a peor crise do sector en anos, un sector que hoxe se enfronta a meses de incertidume, desamparo e precariedade.
Por iso, apoiamos este chamamento á colaboración de todo o sector para que durante estes dous días, 10 e 11 de abril, a cultura entre no apagón dixital total, para poñela en valor e reivindicar a necesidade de o goberno recoñeza as medidas urxentes que se lle propuxeron para combater esta crise.
#ApagónCultural
ACTUALIZACIÓN 12 ABRIL
Dende Musicas aoVivo queremos agradecer aos milleiros de persoas e colectivos que vos sumastes ao #ApagónCultural contribuíndo así á reacción do Ministerio de Cultura.