imaxe da nova
Nova Galega

II Proxecto didáctico Premios Martín Códax da Música 2020

imaxe do usuario Xestor Xestor
21 abril 2020

Músicas ao Vivo dálle unha gran importancia á mocidade. O descubrimento das boas músicas deste país e as voces da nosa rapazada é unha aposta polo futuro de todas e un xeito de facernos mellores.

O II proxecto didáctico ligado aos Premios Martín Códax da Música foi enviado aos centros educativos galegos para fomentar a música galega dentro dos centros escolares a través do traballo cos proxectos presentados nos Premios.

Como o ano pasado, incluiremos todos os podcast que fagan os rapaces na radio online dos Premios e dándolle visibilidade tamén a través das nosas redes sociais.

O proxecto que propoñemos é crear unha serie de programas en formato podcast (ficheiro mp3) para divulgar e dar a coñecer as diferentes bandas e estilos musicais que se presentan aos Premios Martín Códax da Música. No proxecto explícase a liña de traballo así como a súa xustificación curricular. Está dirixido principalmente ao alumnado de e de EP e tamén de 2ºESO.

O prazo límite para a recepción dos podcasts é o 29 de maio. Os proxectos teñen que ser enviados a info@musicasaovivo.gal (preferiblemente a través dun link para a súa descarga)

Como dicía o noso queridísimo Fran Pérez “Narf”: “Somos dunha tribu que acredita no futuro”.

Proxecto didáctico

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información