Compartimos o documento no que se recollen as recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nas montaxes audiovisuais de eventos en recintos estables ou temporais segundo as informacións das autoridades sanitarias sobre o Coronavirus, realizadas polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA).
Este asesoramento técnico do ISSGA préstase a solicitude de Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e a Asociación de Empresas Tecnolóxicas e Servizos Audiovisuais de Galicia (AGATEC).
Deixamos tamén enlace á Orden SND/399/2020, de 9 de mayo, para la flexibilización de determinadas restricciones de ámbito nacional, establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 1 del Plan para la transición hacia una nueva normalidad.
Enlace documento
Orden SND/399/2020 (artigos 33 a 37)