imaxe da nova
Nova Galega

Ciclo Galicia Emerxe: inscricións ata o 23 de xuño

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 xuño 2020

A Xunta de Galicia, a través da Agadic, desenvolverá durante o mes de setembro de 2020 o programa Galicia Emerxe de concertos de artistas e grupos profesionais galegos, inserido no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico.

Os concertos celebraranse no Museo Centro Gaiás, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e combinarán a presenza de público, seguindo as indicacións que materia de seguridade ditaminen en cada momento as autoridades sanitarias, coa súa emisión en liña e televisada. Este programa conta coa colaboración da CRTVG para emitir os concertos, que adaptarán o seu formato para ser difundidos tamén pola Radio Galega, así como noutras plataformas dixitais.

O perído de inscrición para bandas interesadas é ata o 23 de xuño, a través da plataforma www.galescena.gal.

Requisitos de participación: Grupos e ou artistas galegos profesionais, de calquera estilo musical, con domicilio fiscal en Galicia.

A sellección dos artistas e grupos participantes virá dunha comisión externa nomeada pola dirección da Agadic, tendo en conta unhaserie de criterios: uso da lingua galega, presenza feminina, calidade artística, traxectoria profesional.

Os artistas seleccionados enmarcarase en distintas modalidades atendendo ao caché presentado:
-Caché ata 10. 000 €
-Caché ata 6.000 €
-Caché ata 4.000 €
-Caché ata 2.000 €

Nova / Galescena / Bases Grupos

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro