imaxe da nova
Actualidade

UMP presenta o Plan de Reconstrución para músicos e músicas

imaxe do usuario Xestor Xestor
4 novembro 2020

A Unión de Músicos Profesionais da que MAV forma parte, presenta un estudo sobre o impacto da Covid-19 na profesión e esixe ao Goberno un Plan de Reconstrución ante esta crise sen precedentes no sector. Parte importante dos datos proveñen da recente enquisa realizada pola UMP a case 1000 músicos para coñecer o impacto da Covid-19 na profesión.

O estudo determina que 3 de cada 4 músicos sufriu unha diminución da actividade de máis do 90% respecto ao mesmo período do 2019, 1 de cada 3 non teñen ningún concerto apalabrado ou contratado para o último trimestre do 2020 e 3 de cada 4, ningún para a primeira metade do 2021. Datos que empeorarán coas novas restricións.
Tamén revela que nin 2 de cada 10 músicos puideron acollerse ao paro extraordinario para artistas ou ao cesamento de actividade para autónomos. A esta alarmante situación súmase a absoluta falta de regulación da contorna dixital.

É por iso que a  UMP presentou ao Goberno un Plan de Reconstrución con tres obxectivos:

1. Preservar, fomentar e favorecer o traballo dos músicos.
2. Ofrecer a debida protección social e mellorar a situación económica e laboral dos músicos establecendo un novo marco lexislativo adecuado á profesión actual.
3. Recoñecer o valor esencial e fundamental da cultura.

Plan de Reconstrucción / Enquisa sobre o estado da profesión

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información