A Unión de Músicos Profesionales (UMP) reuniuse o pasado 2 de decembro coa ministra de Traballo, Yolanda Díaz, co propósito de trasladarlle os preocupantes datos do sector. Segundo informou a UMP, practicamente a metade dos profesionais que participaron na súa enquisa declarou unha redución de máis do 90% dos ingresos da actividade artística realizada desde marzo en comparación co mesmo período do 2019. Ademais, dous terzos dos membros deste gremio aínda non teñen ningún concerto para o próximo ano 2021.
O portavoz da asociación, Guillem Arnedo, valorou de maneira positiva o encontro. “Expuxemos os problemas que sufrimos os músicos profesionais, que son estruturais e de falta de regulación desde hai décadas” e detallou que se trataron temas laborais como a cotización e a intermitencia no traballo. Unha das principais reclamacións que fixo a UMP neste encontro foi a necesidade de impulsar o Estatuto do Artista.
Desde fai máis de nove meses, a maioría dos profesionais do sector non tivo ningún ingreso nin axudas específicas. Segundo informaron desde a Unión de Músicos Profesionais, só o 15,1% dos enquisados afirmou estar ou estar apuntado á prestación extraordinaria por desemprego para artistas e un 18,1% recibir a prestación por cesamento de actividade para autónomos.
Enlace