A Confederación Intersectorial de Autónomos (CIAE), en colaboración coa SGAE e a súa Fundación, entre outras entidades, organiza unha xornada informativa para tratar de aclarar o contexto lexislativo laboral-fiscal e os recursos que permitirán planificar a carreira profesional tanto de autores como de artistas no novo escenario COVID-19 dende a perspectiva laboral, de xestión económico-financeira e de dereitos de autor.
A sesión contará coa asistencia dos voceiros de Cultura dos principais grupos parlamentarios no Congreso dos Deputados.
Terá lugar o vindeiro luns, 14 de decembro de 2020, de 10.30 a 13.30 horas e poderase asistir a través de transmisión en directo vía streaming.
Programa / Formulario inscrición