imaxe da nova
Actualidade

A Unión de Músicos Profesionais (UMP) cumpre un ano de vida

imaxe do usuario Xestor Xestor
20 xaneiro 2021

O sector musical en España vén arrastrando unhas carencias endémicas desde hai moitos anos. Desde o grave problema da confusión á hora de contratarnos e de cotizar na Seguridade Social, á fiscalidade inxusta que non contempla a intermitencia do noso traballo, pasando por dificultades para compatibilizar pensións e cobranza de dereitos de autor, etc.

Desa inquietude naceu no ano 2020 a Unión de Músicos Profesionais (UMP). Pensabamos que iamos ter unha tarefa notable xa só con retomar o Estatuto do Artista e a Directiva Europea de Dereito de Autor, pero a COVID19 puxo a profesión ao borde do abismo, polo que tivemos que intensificar de forma radical os nosos esforzos, en tarefas urxentes como o logro do subsidio de desemprego para os músicos ou a extensión temporal das axudas.

Con esas miras arrimaron o ombreiro os compañeiros e compañeiras das 14 asociacións que se integran na UMP. Ninguén destas entidades cobra desde UMP nin un céntimo polo labor que se realiza. As axudas que esperamos recibir dalgunhas  institucións, así como as cotas das propias asociacións da UMP, irán cubrir os custos de asesorías  xurídicas imprescindibles para lograr os obxectivos propostos, manter a nosa web e as nosas redes sociais e para afrontar gastos xerais de funcionamento.

Con esas axudas e moito traballo levamos a cabo todas as accións que relacionamos na Memoria de Actividades 2020 que che achegamos.

Non queremos aplausos por ese traballo, quereriamos, iso si, convencer aos/as músicos deste país da necesidade urxente de asociarse e participar nestas tarefas.

Memoria

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información