imaxe da nova
Nova Galega

Presentación do Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para Espectáculos ao Vivo

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 marzo 2021

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, co apoio da Deputación Coruña, presentan un Manual de Boas Prácticas na Xestión Cultural para Espectáculos ao Vivo.

A intención deste manual é a de establecer, dun modo práctico, os pasos que debe seguir calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, á hora de afrontar a organización dun espectáculo ao vivo. Algo moi necesario dende fai tempo.
 
O manual está dirixido a profesionais do sector cultural e está realizado por Patricia Hermida e Ángel Dieste, coa coordinación de xeral de Pilar Portela e Carlos Lorenzo.
 
O manual é un documento que pretende respostar dun xeito áxil e accesible ao reto de organizar un evento en base ás boas prácticas, que non son outras que as que veñen sustentadas pola responsabilidade social, ambiental e cultural e pola normativa e lexislación vixente.

 

Enlace Manual

Vídeo Presentación

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información