imaxe da nova
Actualidade

Campaña #soloesmúsica #sóémúsica para visibilizar a situación dos músicos e músicas

imaxe do usuario Xestor Xestor
6 maio 2021

Os músicos e músicas impulsan a campaña #SOLOESMÚSICA (#SÓÉMÚSICA en galego) para visibilizar a situación dos profesionais da música en España e salientar o poder da música como vacina emocional.

A campaña apela ao valor do traballo dos músicos e reclama atención da sociedade e os poderes públicos.
Máis de 10 mil profesionais sumáronse á mesma. Entre eles: Manolo García, Martirio, Rosendo, Jordi Savall, Najla Shami, Xan Campos, Nacho Campillo, Aurora Beltrán, Esperanza Fernández…

A campaña propón unha reflexión sobre a figura e o papel do músico, e a consideración e o respecto que a sociedade outorga ao seu traballo.

Esta campaña canalízase a través da páxina web www.soloesmusica.com e desenvolverase tamén a través das redes sociais. A campaña conta con vídeos gravados por numerosos artistas músicos que, como profesionais, explican o que a música supón nas súas vidas, e desvelan algúns dos seus máis íntimos recordos musicais. Todas e todos eles, apelan á conciencia cidadá e gobernamental para que se axude. 

Coa campaña #soloesmúsica, os músicos queremos transmitir concordia, alegría e esperanza, sen esquecer a tráxica situación dos músicos e de todo o sector musical pola falta de traballo, axudas e comprensión dos profesionais da música que se entregaron solidaria e gratuitamente ao público nesta terrible pandemia, enchendo os balcóns, as rúas e os espazos audiovisuais de arte, talento e emoción.

 

O texto complétase cunha serie de demandas clave para tentar paliar a terrible situación que atravesa o sector da música:

- Desenvolvemento e aprobación no menor prazo posible de tempo do Estatuto do Artista.

- Regulación do ámbito dixital para que os creadores musicais reciban unha xusta remuneración polo seu traballo.

- Apoios efectivos que cubran as necesidades reais dos músicos mentres os escenarios sigan calados.

- A necesidade de que se abran os espazos para que música en directo encha a vida e os espazos de creatividade, talento, beleza, esperanza, diversión e… emoción.

 

Subscriben e colaboran:

Asociación de Músicos de Euskal Herria MUSIKARI • Associació Catalana d’Intèrprets i Docents de Música Clàssica ACIMC • Asociación de Músicos en Cantabria MUSICANT • Sindicato Andaluz de Músicos SAM • Asociación de Músicos de Jazz y Músicas Creativas de Castilla y León AmjazzCYL • Asociación Española de Grupos de Música Antigua GEMA • Asociación Profesionales de la Música de las Islas Canarias PROMUSIC • Associació de Músics de Jazz i Música Moderna de Catalunya AMJM • Associació Professional de Músics de Catalunya MUSICAT • Associació de Músics de Tarragona aMt • Associació de Professionals de la Música de Mallorca ProMúsics Mallorca • Federación Estatal de Músicos de Jazz y Músicas Improvisadas FMJAZZ • Autores de Música Asociados AMA • Músicas Ao Vivo Galicia MAV • Societat de Blues de Barcelona SBB.

 

Co auspicio e apoio de:

ES_MUSICA • Associació Catalana de Compositors ACC • Associació Professional d’Autors i Creadors de Rumba Catalana APAC RC • Asociación de Promotores Musicales APM • Asociación estatal de salas privadas de música en directo ACCES • Asociación de Festivales de Música FMA • Associació Catalana d’escoles de Música ACEM
•    Associació Catalana d’Orquestres Professionals ACOP • Orquestra Simfònica del Vallès S.A.L. OSV • Fundació Conservatori del Liceu • Associació d’Ensenyants de Música de Catalunya AEMCAT • Mercat de Musica Viva de Vic MMVV • Productors Assoc. De Fonogrames PAF • Asociación Española de Editores de Musica AEDEM • Associació ARC • Federació Catalana de Societats Musicals FCSM • Associació de Músics del Baix Penedès AMBP • Federació de Joventuts musicals de Catalunya • Associació de Sales de Concerts de Catalunya ASACC • Associació de Productors i Discogràfiques APECAT • Taller de Músics • Cases de la Música • Federació Catalana d’Entitats Corals FCEC • Jam Sesion Escola Superior de Música • Escoles Musica Iniciativa Privada Catalunya EMIPAC • Associació Cultural TRAM-C.A.T. Centre ArtesàTradicionarius • Associació de conservatoris de Catalunya ACCat • Fundació per a l’Escola Superior de Música de Catalunya ESMUC • Associació totsona! • Associació Xàfec • Fundació Orfeó Català – Palau de la Música • Harmony Games • Grup Enderrock Edicions SL • ConArte Internacional • Escena Upart Associació Joan Manen • Moviment Coral català • Tirabol Produccions • Festival Esperanzah
 

Máis información e contacto de comunicación: Míriam Mariné | 665 56 26 51 | contacto@soloesmusica.com

Nota de Prensa galego

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información