O vindeiro domingo 6 de xuño, ás 11:00h faremos a segunda asemblea virtual de Músicas ao Vivo do ano.
Levamos tempo sen vernos as caras e sen pulsar conxuntamente e de primeira man a visión sobre a situación actual; así como da situación da asociación e da cooperativa e do traballo que levamos desenvolvendo todos estes meses. É por iso que pretendemos aumentar as vías de comunicación e a participación dos socios/as nas tomas de decisión futuras.
En próximas datas iremos informando sobre o contido da orde do día e sobre a plataforma de conexión elixida.
Reservade a data!