Os ministros de Cultura e Traballo compareceron o pasado día 22 de decembro para facer balance tras a última reunión da Comisión Interministerial para el desarrollo del Estatuto del Artista no que se trata o desenvolvemento do chamado "Estatuto do Artista", unha das grandes demandas do sector cultural, atrasada desde 2018 tras a súa aprobación por unanimidade no Congreso.
Iceta dá un ano de prazo para que entren en vigor todas as medidas do Estatuto do Artista. Segundo comentaron estas medidas "garantirán estabilidade, seguridade xurídica, formación específica e prestacións por desemprego para o sector".
Un dos puntos importantes é a batería de medidas e modificacións normativas que afectan ao RD 1435/1985, real decreto en vigor e vertebrador das actividades artísticas, como poden ser a atención ao carácter intemitente do traballo, a necesidade de evitar a proliferación de falsos autónomos e mellorar o concepto de empregador. Tamén se traballa en tratar de adaptar os conceptos de espectáculos públicos ás novas realidades tecnolóxicas, na mellorar a atención específica na xestión de prestacións por desemprego do colectivo ou na reforma dos ensinos artísticos.
Nova oficial