O 27 de decembro publicouse no DOG a Resolución da Secretaría Xeral de Cultura pola que se abre o prazo de inscrición no catálogo Ler Conta Moito 2022 de actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.
O prazo para inscribirse e solicitar a inclusión de actividades no catálogo estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2022.
Do mesmo xeito que na convocatoria anterior, as persoas físicas e xurídicas interesadas en formar parte do catálogo, poderán presentar un máximo de 3 propostas de actividades de dinamización. No caso de incluír 3 actividades, estas deberán repartirse obrigatoriamente do seguinte xeito:
- 2 actividades de dinamización e promoción da lectura e da cultura de temática xeral.
- 1 actividade que teña como temática central a igualdade entre homes e mulleres e/ou a loita contra a violencia de xénero.
As actividades incluídas en anteriores edicións non se conservarán por defecto no catálogo. Non obstante, para facilitar a inscrición, poderase recuperar a información relativa a elas.
Para resolver as dúbidas ou incidencias que xurdan en relación con este programa, está dispoñible o correo electrónico lercontamoito@xunta.gal e o teléfono 981 95 72 78.
Recordamos que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA tamén podemos facilitar a inscrición de proxectos aos socios/as da mesma.