imaxe da nova
Actualidade

Axudas para a modernización de estruturas de xestión artística, ata o 26 de xaneiro

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 xaneiro 2022

O Ministerio de Cultura e Deporte publicou unha orde onde se detallan as bases das axudas teñen como finalidade o financiamento de proxectos de investimento para a modernización, dixitalización e transición ecolóxica das estruturas de xestión artística das artes escénicas e musicais.

Serán beneficiarios as persoas físicas e xurídicas, asociacións non lucrativas e as fundacións e entidades públicas ou privadas do ámbito das artes escénicas e da música. Dada a directa vinculación das presentes axudas ao Plan de modernización, transformación e resiliencia da economía española, os beneficiarios só poderán ser aqueles que teñan residencia fiscal permanente en territorio español.

As axudas concederanse na modalidade de subvención, poderán ter carácter anual ou plurianual, coa duración que se especifique nas convocatorias e serán financiadas con fondos provenientes da Unión Europea, e en concreto, do Mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

As solicitudes presentaranse desde o 29 de decembro de 2021 ata o 26 de xaneiro de 2022 e presentaranse en modelo normalizado xunto coa documentación que se especifique na convocatoria como parte integrante da solicitude.

 

Os criterios de avaliación e a súa ponderación, coas concrecións que se determinen na convocatoria, son os seguintes:

a) Perfil da entidade solicitante (de 0 a 60 puntos)

b) Valoración do proxecto presentado:

1.) Relevancia, grao de innovación e consistencia da proposta. (De 0 a 50 puntos)
2.) Viabilidade técnica e económica da proposta. (De 0 a 20 puntos)
3.) Impacto sobre creación e/ou mantemento de emprego, en accións de transición ecolóxica e/ou cohesión territorial, e no proceso de dixitalización. (De 0 a 30 puntos)

A resolución acordará tanto o outorgamento das subvencións, como a desestimación e a non concesión, por desistencia, renuncia ao dereito ou imposibilidade material sobrevida.

O importe destas axudas non poderá, en ningún caso, ser de tal contía que supere o 80% do custo total do proxecto. As axudas reguladas nesta orde poderán ser compatibles coa percepción doutras subvencións ou axudas procedentes de calquera administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, tendo en conta o artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro.

En todo caso, a entidade deberá comunicar a obtención doutras axudas, subvencións, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, unha vez teñan coñecemento da súa existencia, e, en todo caso, con anterioridade á xustificación dos fondos percibidos, o que poderá orixinar as correspondentes minoracións no importe da axuda concedida. Así mesmo, no momento da xustificación, deberá comunicar, no seu caso, a asignación de fondos propios ao desenvolvemento da actuación.

Web / Orden BOE 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información