imaxe da nova
Actualidade

Cuestionario «A situación profesional e laboral dos músicos/as e creadores/as da música en España»

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 marzo 2022

A Unión de Músicos presenta e solicita colaboración para a ENQUISA «A situación profesional e laboral dos músicos/as e creadores/as profesionais en España».

Este cuestionario ten como propósito a realización dun estudo anual sobre a situación dos músicos/as e creadores/as da música en España que nos permita ter unha imaxe detallada e precisa da súa realidade profesional e laboral, con datos concretos que poidan servir de referencia e ferramenta de utilidade para o sector na súa interlocución coas Administracións Públicas e entidades privadas co fin de dar visibilidade á súa situación e os seus problemas, así como promover medidas en favor de todos/as os nosos/as profesionais. O informe será elaborado por Eva  Moraga, Avogada e Directora de Por & Para (www.porypara.es). 

Un dos obstáculos que nos atopamos para facer o noso labor en defensa dos músicos/as e creadores/as é a falta de datos sobre a nosa situación profesional e laboral, polo que este informe, que queremos levar a cabo anualmente, será un instrumento esencial para realizar esta tarefa e poder facer un seguimento comparativo no tempo de como vai evolucionando e cambiando as vosas condicións de traballo e profesionais e o que ides necesitando para realizar a vosa actividade musical artística de forma digna.  

Por iso, agradecémosche de antemán a túa colaboración e que dediques o teu tempo para conseguir mellorar as condicións de todos/as. Levarate soamente 10 minutos e é totalmente anónimo.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información