O Goberno local de A Coruña e a Marea Atlántica presentaron o pasado día 5 de abril o proxecto do Consello Municipal da Cultura ante profesionais do sector, nun encontro no Teatro Colón onde se trasladou a unha representación diversa do eido cultural o borrador de regulamento do futuro órgano no que terán voz, voto e un espazo de diálogo coa Corporación.
O Consello Municipal da Cultura contará cunha vicepresidencia seleccionada polos seus membros, e cun mandato desvinculado do ciclo electoral.
Nova