imaxe da nova
Nova Galega

En defensa da educación musical no Bacharelato

imaxe do usuario Xestor Xestor
28 abril 2022

No Anteproxecto de Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia presentado pola Xunta a música deixa de ser unha opción na escolla da maioría do alumnado galego no novo curríulo.

Tal e como relatan ASOMÚSICA e STEG, quítase a posibilidade de cursar como optativas autonómicas as materias que se viñan ofertando do Departamento de Música, deixando a posibilidade de cursar esas materias na modalidade de Artes, que supón a oferta destas materias a unha porcentaxe do 5% da totalidade do alumnado matriculado en BAC na nosa comunidade.

Óbvianse numerosas investigacións sobre a influencia positiva da música no cerebro adolescente, a promoción da integración, o intercambio de ideas, o respecto dos compañeiros, a creatividade e o desenvolvemento da intelixencia emocional; así como a posibilidade de formar á mocidade cun pensamento moito máis crítico, comprometidos coa arte e máis íntegra e preparada.
Queremos que a formación musical unicamente sexa accesible para o 5% que asiste a Escolas de Música e Conservatorios? Queremos convertila nun luxo ou é un dereito para todo o alumnado? Que vai pasar nun futuro co tecido cultural de todo o país?
O profesorado de Música queda sen a posibilidade de completar o horario no seu centro coas materias propias do departamento, o que constitúe tamén un prexuízo para os docentes.

Requírese á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional que no Decreto final se deixe aberta a posibilidade aos centros educativos  de propoñer optativas propias atendendo ás circunstancias da contorna e ás características do alumnado, tal e como recolle a lexislación estatal.

Anteproxecto de Decreto / Comunicado ASOMÚSICA

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información