O semana pasada saíron publicadas as axudas "Territorio Cultura" que pretenden "ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas". Contarán cunha dotación de 628.644€ distribuídas entre 2022 e 2023 a cargo dos fondos europeos Next Generation en réxime de concorrencia competitiva.
Finalidade
A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste
modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.
Beneficiarios
- Categoría 1: Persoas físicas [autónomas] e persoas xurídicas privadas:
328.644€ / propostas con orzamento mínimo de 50.000 euros / financiamento ata un 80% límite máximo 50.000€)
- Categoría 2: Concellos de menos de 30.000 habitantes e densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2
300.000€ / propostas con orzamento mínimo de 50.000 euros / financiamento ata un 70% (límite máximo 50.000€)
Tipoloxía de propostas
- Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares
- Proxectos de participación multiaxente -laboratorios de ideas, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais- que favorezan a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio
- Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas
- Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías
Gastos subvencionables
Entre eles están os gastos de remuneracións dos espectáculos artísticos, redacción do proxecto técnico, servizos técnicos, deseño e creación de escenografía, dereitos de autor, comunicación e publicidade...
Comisións de valoración
Haberá 2. Unha con criterios automáticos (entre os que están a participación de compañías e artistas galegas) e outra con criterios técnicos
Xustificación
- Anualidade 2022, antes do 20 de novembro de 2022
- Anualidade 2023, antes do 31 de marzo de 2023
O prazo de presentación de propostas está aberto durante un mes a partir do 4 de maio.