O Consello da Cultura Galega presenta a xornada "A industria discográfica en Galicia. Do vinilo ás plataformas dixitais", que se celebrará en Compostela o vindeiro 9 de xuño e na que intervirá o xerente de Músicas ao Vivo.
O Arquivo Sonoro de Galicia do Consello da Cultura Galega reúne nesta xornada pensadores, editores e creadores para facer un diagnóstico da situación e perspectivas de futuro dun sector clave da industria cultural galega.
A inscrición é gratuíta. O número de prazas é limitado. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.