imaxe da nova
Asociación

Comunicado sobre as Festas María Pita e Festival Noroeste 2022

imaxe do usuario Xestor Xestor
26 xullo 2022

SOBRE AS FESTAS DE MARÍA PITA 2022

Desde a asociación Músicas Ao Vivo lamentamos comunicar a nosa total decepción co cartel das festas de María Pita e do Festival Noroeste ante a desaparición da música que se fai na cidade e que ten sido convertida este ano en simple anécdota.

Consideramos que calquer festival que reciba cartos públicos debería redundar alta e moi favorablemente no tecido cultural local, non como sucedeu nos derradeiros macrofestivais levados a cabo en terras galegas, senón totalmente ó contrario.

Do mesmo xeito, pensamos que as festas de María Pita en xeral, e o festival Noroeste en particular, deberían ser un escaparate que amosase toda a variedade musical que temos na cidade, co engadido dunha boa selección da música feita en Galicia.

Vivimos uns tempos moi complicados para a música e a cultura en xeral e cremos que os cartos públicos teñen que colaborar firmemente na procura dunha escena musical saudable na que as bases sexan prioritarias e a música de calidade a protagonista. En contraposición a isto, observamos cada día como as protagonistas dos festivais acaban sendo as productoras musicais e os seus paquetes de artistas, moitas veces repetitivos ano tras ano.

Para fortalecer a nosa escena musical e garantir un futuro, compre apoiar e visibilizar o que temos e darlle o valor que sen dúbida merece.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información