imaxe da nova
Actualidade

Xornada Descúbreas con participación de Músicas ao Vivo, o 22 de agosto en Vigo

imaxe do usuario Xestor Xestor
17 agosto 2022

"Monta a tua Xira" é unha xornada de balde para coñecer todas as claves para organizar unha xira de concertos e dá as claves para mostrar a túa música.

A maior fonte de ingresos de calquera profesional que se dedica á música son os concertos en directo. Pero non é fácil ter unha axenda de concertos para un proxecto artístico emerxente. Hai moitos aspectos de produción, loxística, administrativos e legais que se deben ter en conta.

Por iso, o vindeiro 22 de agosto, en Descúbreas organizamos a xornada gratuíta e abrimos ao público: ‘Monta a túa xira’.

Aitana Cuétara, xerente de Luneda Producións e Yolanda Boullosa, do departamento contable de Músicas Ao Vivo, explicarán todas estas claves e realizarán unha práctica. O evento será na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo de 11 da mañá ás 14.00 horas.

Por que é importante facer unha xira de concertos? Como se pechan os acordos coas salas? Vas a despacho de billetes ou cun caché fixo pechado? Como organizar o desprazamento, hoteis, comidas? Que tipo de contratos hai para os meus músicos? Como comunico cada concerto? Son innumerables os aspectos legais, técnicos, administrativos e loxísticos que son necesarios para organizar unha xira de concertos. Mesmo bandas que xa teñen unha traxectoria descoñecen algúns destes aspectos. Para que tanto artistas que dan os seus primeiros pasos, como outros proxectos emerxentes dispoñan das ferramentas necesarias organizamos esta xornada que será ofrecida no marco da segunda edición do programa Descúbreas, da Deputación de Pontevedra.

Nesta xornada, contamos coa experiencia que compartirán dúas mulleres referentes no sector musical:
Aitana Cuétara de Luneda Producións, expoñerá os aspectos máis importantes a ter en conta na proxección dunha xira de concertos e farao desde a súa experiencia organizando a xira de artistas de fama nacional e internacional. Aitana traballa no sector musical desde hai máis de 15 anos. Empezou no ámbito das salas de concertos e a distribución discográfica. Desde 2015 xestiona Luneda Producións, axencia de management, booking, produción, comunicación e programación de concertos. Na actualidade é tamén directora dos festivais ‘Jazz de Ría’ e ‘O que non se escribe: arquivos sonoros e creación contemporánea’ e é comisaria das residencias artísticas ‘Mariñán Música’.

Pola súa banda, Yolanda Boullosa é a responsable do departamento contable de”Músicas ao Vivo”, asociación de referencia dos músicos e músicas galegas con máis de 12 anos de traxectoria. Yolanda traballa tamén desde 2018 nos departamentos laboral e fiscal da cooperativa de músicas galegas “Músicos ao Vivo S. Coop. Galega”. Ela explicará todos os aspectos legais, administrativos e fiscais que toda persoa que se dedique de forma profesional á música debe ter en conta antes de empezar unha xira.

Só necesitarás enviar un email á dirección info@descubreas.com.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información