imaxe da nova
Actualidade

Músicas ao Vivo no SiSons Enclave Musical 2022

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 outubro 2022

SiSons Enclave Musical presenta o Sisons22 , unhas xornadas profesionais do sector cultural que terán lugar os días 13, 14, 15 e 16 de outubro no Concello de Santiago de Compostela.

O noso compañeiro Xabier Mera participará este xoves en representación de Músicas ao Vivo na mesa redonda "Asociacións Galegas Musicais. Actualidade do sector" na que tamén intervirán Carlos Lorenzo Pérez, presidente da AGPXC; Patricia Hermida, presidenta de Agem Asociación Galega Empresas Musicais e María Nieto Díaz de Clubtura -Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo.

O encontro terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Santiago de Compostela das 17:00 ás 18:00 dentro dunhas xornadas nas que ademais haberá showcases, networkings, propostas musicais… 


Inscríbete para poder asistir coa túa acreditación

Web / Inscricións

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información