imaxe da nova
Nova Galega

Inscrición de espectáculos en Musigal 2023 ata o 1 de decembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
21 novembro 2022

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cultura, ven de aprobar un novo Catálogo de grupos Musigal da provincia de Pontevedra, no que se poderán inscribir os
grupos e artistas profesionais de música que aborden a dinamización da lingua galega nas súas composicións e interpretacións.

Este novo catálogo substitúe o anterior polo que os grupos e artistas profesionais de música que queiran formar parte do mesmo deberán solicitar a súa inclusión, a través
do formulario habilitado na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

O prazo para presentar as solicitudes é desde o 15 de novembro ata o 1 de decembro.
Bases Oficiais / Web Oficial

Como sabedes, dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.

Deixamos un resumo dos requisitos solicitados para que teñades en conta para os prazos e a documentación necesaria:
REQUISITOS MUSIGAL 2023

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información