imaxe da nova
Actualidade

Aberta a inscrición de concertos na RGMV 2023 ata o 9 de decembro

imaxe do usuario Xestor Xestor
22 novembro 2022

Segundo o previsto na convocatoria de subvencións para o desenvolvemento de programación musical da Rede Galega de Música ao Vivo, resolta no mes de xuño, as salas de concertos subvencionadas deben realizar unha programación nos anos 2022 e 2023.

Ábrese o prazo de inscrición para que os grupos profesionais de música con sede na comunidade autónoma, interesados en participar neste programa oferten os seus concertos.
A inscrición realizarase a través da plataforma www.galescena.gal do 21 de novembro ao 9 de decembro de 2022.

Salas participantes
neste programa:
- A Pousada da Galiza Imaxinaria (Boiro)
- Arca da Noe (Vilar de Santos)
- Borriquita de Belém (Compostela)
- Café Cultural Auriense (Ourense)
- Casa das Crechas (Compostela)
- Club Clavicémbalo (Lugo)
- La fábrica de Chocolate (Vigo)
- Laroom (Ferrol)
- Pub Gatos (Melide)
- Sala Guión (Pontedeume)
- Sala Krazzy Kray (Cambados)

Recordamos que os socios/as da cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP GALEGA podedes inscribirvos en Galescena cos datos fiscais da mesma (podedes solicitalos enviando un correo electrónico) e asociar os vosos proxectos a este ciclo.
Convocatoria / Galescena
 

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información