imaxe da nova
Nova Galega

Territorio Cultura 2023: Subvencións para áreas non urbanas

imaxe do usuario Xestor Xestor
23 novembro 2022

Esta semana saíron publicadas as axudas "Territorio Cultura" que pretenden "ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas". Contarán cunha dotación de 660.986,24 euros para a anualidade 2023 a cargo dos fondos europeos Next Generation en réxime de concorrencia competitiva.

Finalidade
A finalidade destas axudas é reforzar e desenvolver as capacidades do sector cultural para acadar un tecido sólido máis aló dos grandes núcleos urbanos e contribuír, deste modo, a incrementar a actividade cultural no territorio, entendida como un motor de cambio, dinamización e transformación social.

Beneficiarios
- Categoría 1: Persoas físicas [autónomas] e persoas xurídicas privadas:
400.000€ / propostas con orzamento mínimo de 50.000 euros / financiamento ata un 80% límite máximo 50.000€)
- Categoría 2: Concellos de menos de 30.000 habitantes e densidade de poboación igual ou menor a 100 habitantes/km2
260.986,24€ / propostas con orzamento mínimo de 50.000 euros / financiamento ata un 70% (límite máximo 50.000€)

Tipoloxía de propostas
- Eventos ou espectáculos artísticos ou culturais, festivais, exposicións e outras actividades culturais similares
- Proxectos de participación multiaxente -laboratorios de ideas, iniciativas transdisciplinares ou alianzas transectoriais- que favorezan a innovación cultural e teñan unha concreción práctica no territorio
- Patrimonio inmaterial, en conexión coa cultura e as prácticas contemporáneas
- Actividades de educación, transferencia e mediación artística e cultural, incluíndo o uso das novas tecnoloxías

Gastos subvencionables
Entre eles están os gastos de remuneracións dos espectáculos artísticos, redacción do proxecto técnico, servizos técnicos, deseño e creación de escenografía, dereitos de autor, comunicación e publicidade...

Comisións de valoración
Haberá 2. Unha con criterios automáticos (entre os que están a participación de compañías e artistas galegas) e outra con criterios técnicos

Xustificación
- Rematará o 10 de setembro de 2023 (Para gastos que fosen realizados e pagados desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de agosto de 2023)

O prazo de presentación de propostas está aberto durante un mes a partir do 18 de novembro.
Resolución DOG / Extracto DOG

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información