MIM (Asociación de Mulleres da Industria da Música) publica na súa web o primeiro "Test de Autoevaluación de Igualdade" para que empresas do sector musical poidan coñecer de maneira interna se cumplen ou non os requisitos de igualdade marcarcados pola lei.
O proceso para que as empresas realicen o autotest é sinxelo, un responsable da entidade ten que acceder á web de MIM e encher un cuestionario sobre como pensa que se atopa a entidade en materia de igualdade de xénero e que problemas detecta. O proceso ten unha duración aproximada de 10 minutos e, unha vez rematado, na web aparecerán os resultados de autoevaluación cunha serie de recomendacións adaptadas ás respostas proporcionadas pola entidade.
O test de autoevaluación é unha novidade na industria musical xa que, ata o momento presente, non existía un instrumento que subministrara ás empresas un mecanismo para realizar un autodiagnóstico en materia de igualdade de xénero e, ademáis, posibles solucións para mellorar neste eido.
A partir de xaneiro a ferramenta estará dispoñible en galego, euskera, catalán e inglés.
Web MIM / Test de autoevaluación
Tamén este xaneiro, o Ministerio de Cultura e Deporte pon ao dispor das institucións culturais a ferramenta de autoavaliación en igualdade de xénero "Cultura x Igualdade".