O 6 de febreiro, Músicas ao Vivo abrirá a 3ª edición da Semana da Produción e Xestión organizada polo alumnado e profesorado do Departamento de Produción e Xestión do Conservatorio Superior de Música de Vigo, que terá lugar entre o 6 e o 10 de febreiro no Conservatorio Superior da cidade olívica.
O obxectivo das charlas será dar unha visión de 360º sobre a industria musical tanto dende dentro como fóra de España, con mesas redondas, concertos, talleres, etc.
A asistencia será con entrada gratuita.
A charla de MAV versará sobre "O músico no ámbito laboral e fiscal".
Será o luns, día 6 de febreiro, ás 18:00h.