Xa están actualizadas as novas táboas de cotizacións para o réxime de artistas de 2023.
SALARIO NETO BASE COTIZACIÓN COSTE SS
- De 0 a 299,00€ 39,60% salario
- Entre 299,01 e 509,00€ 299,00€ 118.39€
- Entre 509,01 e 915,00€ 377,00€ 149,30€
- Entre 915,01 e 1.531,00 450,00€ 178,20€
- A partir de 1.531,01 598,00€ 236,82€
Base Máxima de Cotización: 4.495,50 euros mensuais
Base Mínima: 39,18 euros
Ademais, a Orden PCM/74/2023 anuncia o incremento das cotizacións á Seguridade Social pola implantación do MEI (Mecanismo de Equidad Intergeneracional) que substitúe ao antigo Factor de Sostenibilidade, e que aplica para todas as nóminas, do réxime que sexa.
"Para el mecanismo de equidad intergeneracional, se aplicará el tipo del 0,6 por ciento sobre la base de cotización por contingencias comunes, del que el 0,5 por ciento será a cargo del empleador y el 0,1 por ciento a cargo del trabajador."
Isto quere dicir que a parte de cotización a cargo da empresa pasa do 23,6% de 2022 ao 24,10% en 2023. E a parte de cotización a cargo do traballador pasa do 4,7% de 2022 ao 4,8% en 2023.