imaxe da nova
Actualidade

3ª edición do programa de "mentoring" DESCÚBREAS

imaxe do usuario Xestor Xestor
26 febreiro 2023

A Deputación de Pontevedra presenta a 3ª edición do programa de "mentoring" para  DESCÚBREAS.

O obxectivo é articular accións que axuden a compensar as dificultades coas que as mozas se atopan actualmente na escena musical, que impiden que se dediquen profesionalmente á música cando rematan os seus estudos.

O programa comprende unha serie de accións dirixidas a xerar as condicións óptimas para acadar un espazo de encontro no que se leven a cabo actividades relacionadas co protagonismo da muller na historia da industria musical, con especial fincapé na música feita por elas, nas que amosen o seu sentir en primeira persoa, as súas inquedanzas, reivindicacións ou reflexións a través da súa propia ollada.

A través deste procedemento selecciónanse en réxime de concorrencia competitiva a 8 rapazas participantes no programa de mentoría na primeira edición do programa “Descúbreas”, que ten por finalidade favorecer que as rapazas da provincia de Pontevedra con inquietudes musicais adquiran coñecementos para proxectar as súas carreiras no mundo da música e incidir de forma directa na súa participación e promoción na escena musical.

Ademais das 6 sesións de asesoramento en liña con expertas para descubrir as claves da escena musical, as seleccionadas gravarán unha canción nun estudio profesional e realizarán un vídeo musical.
Web / Inscrición / Bases

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información