imaxe da nova
Asociación

Asemblea Xeral de Músicas ao Vivo o 16 de abril en Compostela

imaxe do usuario Xestor Xestor
24 marzo 2023

O domingo 16 de ABRIL, terá lugar a primeira Asemblea Xeral do ano da asociación Músicas ao Vivo e de Músicos ao Vivo S. Coop. Galega.

Recuperaremos o formato presencial. A cita será na aula Circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 11:00h.

Ademais da presentación das contas e actividades de 2022, votarase a proposta para Premio Honorífico desta X edición dos Premios Martín Códax.

A nova directiva quere pulsar conxuntamente e de primeira man a visión sobre a situación actual do sector musical en Galicia; así como da situación da asociación e da cooperativa e do traballo que se leva desenvolvendo estes últimos meses. É por iso que pretendemos aumentar as vías de comunicación e a participación dos socios/as nas tomas de decisión futuras. Por suposto, haberá turno para rogos e preguntas dos asociados/as, o intercambio de pareceres e o debate.

Reservade a data!

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información