imaxe da nova
Nova Galega

Prazo de inscricións extraordinario para o programa "+MÚSICA" da Deputación de Pontevedra (ex MUSIGAL)

imaxe do usuario Xestor Xestor
9 febreiro 2024

A Deputación de Pontevedra, pon en marcha o programa “+MÚSICA”, coñecido os últimos anos como Musigal.
O obxectivo é apoiar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia de Pontevedra, e no catálogo poderán inscribirse os grupos e artistas profesionais de música que aborden a dinamización da lingua galega nas súas composicións e interpretacións.
Para esta edición de 2024 auméntase o orzamento un 16% para chegar a un total de 600.000€.

O catálogo da antiga Musigal prevía abrir o período de inscricións de proxectos artísticos a final de ano. Cos lixeiros cambios no novo programa, concédese un prazo extraordinario para inscrición de proxectos artísticos que estará aberto ata o 19 de febreiro.
Os proxectos xa inscritos en Musigal manteranse activos, tendo a opción de modificar ou cancelar os datos anteriores.

A normativa é a aplicable no Musigal, salvo pequenos cambios.
Nova / Web / Bases

Como coa Rede Cultural da Deputación de Coruña, recordamos que dende a cooperativa MÚSICOS AO VIVO S. COOP. GALEGA podemos facilitar a inscrición dos proxectos aos socios/as da mesma.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información