imaxe da nova
Nova Galega

Convocatoria Residencias Artísticas Mariñán 2024

imaxe do usuario Xestor Xestor
10 febreiro 2024

Cultura da Deputación da Coruña presenta as Residencias Artísticas Mariñán 2024.
A área provincial de Cultura continúa coa liña de apoio á creación a través das residencias artísticas no Pazo de Mariñán 2024.

Seleccionaranse oito proxectos: 4 proxectos do eido da música e outros 4 de literatura e pensamento.
O programa de música quere promover o desenvolvemento da produción musical galega desde unha ollada contemporánea e consciente; establecer un contexto de acompañamento e formación para mellorar a viabilidade e a profesionalización das producións, e crear sinerxías con outras residencias e programacións para fomentar o intercambio de propostas e artistas e mellorar a proxección das producións.

A residencias inclúen a dotación material necesaria e espazos axeitados no Pazo de Mariñán para o desenvolvemento das propostas; manutención e aloxamento para as e os participantes, e acompañamento e seguimento do proxecto por parte da comisaria e do comisario co fin de facilitar a súa viabilidade. No caso das estadías de música, tamén formación específica para a profesionalización e a distribución das propostas, que farán persoas expertas convidadas; visitas e reunións de axentes culturais e programadores e programadoras, para apoiar a continuidade do traballo feito nas estadías dentro dos circuítos musicais; e financiamento das necesidades técnicas da creación: deseño escénico, de luces e de son ou o vestiario.

As Residencias desenvolveranse entre o 15 e o 26 de abril, e terán unha duración máxima de 6 días os da música, e de 12 días os literatura e pensamento
O prazo de tramitación de solicitudes estará aberto ata as 14:00 horas do día 23 de febreiro.

O xurados estarán presididos pola deputada de Cultura e formarán parte de cada un deles tres persoas expertas de recoñecido prestixio.

Poden concorrer a esta convocatoria bandas ou artistas, maiores de 18 anos, con residencia en Galiza, de calquera estilo musical e que acheguen propostas con repertorio propio e en lingua galega, e que non obtivesen unha residencia Mariñán Música na convocatoria anterior
Bases / Nova

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información