imaxe da nova
Nova Galega

Presentación do estudio sobre A Industria Musical en Galicia

imaxe do usuario Xestor Xestor
11 febreiro 2024

O 23 de xaneiro, presentouse o informe "A industria musical de Galicia. Tendencias, retos e oportunidades". 
O estudo foi impulsado por AGEM e realizado polo grupo de investigación Posmark da USC e. É o froito do traballo exhaustivo dun ano e contou coa colaboración de moitos axentes do sector galego (empresas, asociacións, profesionais e participantes nos focus group e as enquisas).

En breve estará dispoñible o resultado final do informe pero avanzáronse algúns datos de relevancia:

- A industria musical é responsable do 0,2 % do PIB da comunidade e xera o 0,3 % dos empregos galegos
- Cífrase o impacto da industria musical galega en 2022 en máis de 227 millóns de euros
- Xera o equivalente a 3.250 postos de traballo a tempo completo anual
- Importante retorno ás arcas públicas, duns 33 millóns de euros
- Dependencia do sector público, tanto no financiamento a través de axudas como cliente
- Abundancia de traballo autónomo e alta fragmentación, pero con gran potencial de crecemento e profesionalización
- Preocupacións dos profesionais pola alta temporalidade e precarias condicións laborais
- Lingua galega como unha vantaxe estratéxica
- Actuacións prioritarias para o futuro: fomento e o apoio aos novos talentos, a mellora das condicións laborais e a profesionalización e o apoio a unha formación centrada na diversificación de perfís profesionais


O obxectivo é que este sexa o primeiro paso para formular un Plan Estratéxico para a Industria da Música.
Nova 1 / Nova 2

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información