As Bodegas Martín Códax, en Cambados, acolleron este mércores 24 de abril a festa de finalistas dos XI Premios Martín Códax da Música.
A partir do 25 de abril e ata o 12 de maio, as socias e socios de Músicas ao Vivo poden votar os seus favoritos e, como gran novidade desta edición, o público xeral. O proceso de votación realizarase a través dun sistema de puntos, votando nun nun mínimo de cinco categorías e validar a votación para que esta sexa efectiva. O reconto final de votos farase cunha regra de baremación: o 50% corresponderá á votación do público e o outro 50% aos votos dos socios e socias de Músicas ao Vivo.
A gala desta XI edición dos Martín Códax celebrarase o 15 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo a dirección de Xurxo Souto, que promete “unha gran celebración da selva diversa e espectacular da música galega contemporánea”. Ese día coñeceremos todas as propostas premiadas nesta edición 2024.
Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, coa colaboración e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, e Deputación de Pontevedra. Medio de comunicación colaborador: CRTVG
OS PROXECTOS FINALISTAS XI PREMIOS MARTÍN CODAX DA MÚSICA
Blues, Funk e Soul: Brais Morán & Nasaufunk, O Cadelo Lunático, Martins Aneiros Band
Folk: Caamaño & Ameixeiras, Susana Seivane, De Ninghures
Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Raposa, Woyza & The Galician Messengers
Canción de Autor/a: Antía Muíño, Guadi Galego, A Pedreira
Músicas Urbanas: Ash Diz, hydn, C Miranzo
Orquestras, Grupos e Música de Verbena: América de Vigo, Burgas Big Band, Orquesta Charleston
Metal e Heavy: Youcanthide, Her Anxiety, Rymer
Bandas de Música Popular: Agrupación Musical de Goián, Banda de Música Municipal de Silleda, Banda de Música Unión de Guláns
Música Tradicional: Malvela, Mediarea, Os Melidaos
Música Infantil: A Gramola Gominola, Uxía Lambona e a Banda Molona, Pakolas
Música Clásica e Contemporánea: Fabio Álvarez, Carme López, Juan Eiras
Electrónica: Mondra, Lontreira, Grande Amore
Jazz e Músicas Improvisadas: Orquestra Galega de Liberación, Pablo Sanmamed Trío + Benxamín Otero, Diego Alonso
Rock e Punk: Moloch, Terbutalina, Mad Martin Trío
Pop e Indie: The Rapants, Lucía Aldao, Måi
Finalistas Organistrum
Proxectos de Comunicación e Difusión: Miudiño Sessions, O TikTok de Rodri Míguez, Revista Rebelico
Festivais: Galegote, EmigraSON, As Nosas Músicas de Couso
Salas: Mardi Gras, A Pousada da Galiza Imaxinaria, A Arca da Noe
Finalistas Artista Emerxente: Leria, Mondra, Gloria Pavía
Premios Martín Códax da Música