A Unión de Músicos, da que forma parte MAV, elaborou, co apoio do Ministerio de Cultura, SGAE e AIE, “A Guía do Estatuto”, na que se recollen e analizan todas as medidas adoptadas ata a data para a implementación do Estatuto do Artista. O obxectivo deste documento práctico é informar e orientar a todas as persoas implicadas na súa planificación e toma de decisións sobre as distintas materias afectadas.
A pesar da complexidade da normativa reguladora que, a xuízo da Unión de Músicos, “resulta aínda hoxe en día incompleta e nalgúns puntos confusa”, tratouse de recoller toda a información dunha maneira clara e ordenada e cun deseño sinxelo e, á súa vez, o máis completo posible.
En concreto, “A Guía do Estatuto” dividiuse en catro apartados nos que se abordaron as distintas medidas vixentes ao 15 de abril de 2024: medidas en materia laboral, en materia de Seguridade Social, en materia fiscal e, un último capítulo dedicado ás medidas noutras materias. Así mesmo, o documento inclúe un formulario específico dirixido ás persoas pensionistas sobre a compatibilidade coa actividade artística; un dos sectores máis afectados pola nova normativa e con ánimo de teñan acceso de primeira man á información da maneira máis accesible posible.
Estamos traballando para ter toda a información en galego á maior brevidade posible.
Guía Estatuto / Formulario consulta compatibilidad pensionistas