O DOG do 14 de maio recollía dúas resolucións da AGADIC coas subvencións ao sector dos festivais de música de Galicia.
A convocatoria anual de subvencións a festivais de música deslíganse nesta ocasión dos festivais de artes escénicas, pero presenta unha redución significativa do seu orzamento, pasando dos 360.000 euros consignados en 2023 a 80.000 euros en 2024, pouco máis dunha cuarta parte do anterior.
Certo é que se incluíron algunhas novidades: as asociación podan ser beneficiarias, que a contratación artística deba supoñer como mínimo o 30% do orzamento,ou que soamente teña cabida a contratación de proxectos musicais galegos.
Ademais Agadic publica ao mesmo tempo no DOG as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e os requisitos para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas que leven a cabo festivais profesionais. Neste caso a partida experimenta un aumento tamén considerable, chegando este ano aos 450.000 euros consignados, respecto aos 250.000 do pasado ano.
Neste caso soamente se especifica na normativa que ten que haber un mínimo de 2 artistas galegos.
En todo caso a suma das partidas actuais dá un resultado inferior ao de 2023, 80.000 euros menos para estes eventos en Galicia.
Resolución Subvencións / Extracto Subvencións / Resolución Fest Galicia / Nova oficial / Nova
A AGADIC ven de publicar tamén unhas notas aclaratorias da convocatoria, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais (DOG nº 79 do 22 de abril de 2024). Estas dúbidas xurdiron na reunión informativa sobre estas subvencións.
Notas aclaratorias