O vindeiro xoves 21 de novembro, a partires das 19:00h, terá lugar en Galgo Azul Espazo Cultura de A Coruña unha nova charla formativa da Unión de Músicos (federación estatal de asociacións de músicos da que Músicas ao Vivo forma parte), a través do seu presidente Guillem Arnedo na que se abordarán as últimas novidades relacionadas co Estatuto do Artista que nos afectan directamente aos músicos.
Falarase de asociacionismo, das novidades contempladas ata o de agora no Estatuto do Artista, da Guía práctica desenvolvida pola Unión de Músicos, da compatibilidade da actividade artística coa xubilación...
Entrada de balde e aberta a todos os interesados no sector.