imaxe da nova
Nova Galega

Inicio dos trámites para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a música e o baile tradicionais

imaxe do usuario Xestor Xestor
2 decembro 2024

A Xunta de Galicia anunciou esta semana o inicio dos trámites para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a música e o baile tradicionais, "co que pasará a contar coa máxima protección, acorde coa súa relevancia no noso patrimonio inmaterial".

Recoñécese o importante papel das agrupacións de música e baile de raíz e inclúense medidas de salvagarda en tres frontes:
- Investigación
- Transmisión, ensino e sensibilización
- Protección, conservación, mantemento e revitalización


Coa declaración BIC buscarase a creación dun arquivo audiovisual público en rede e introducir no ensino formal materiais didácticos que fomenten o seu coñecemento.

O procedemento de declaración deberá resolverse nun máximo de 24 meses.
Nova / Resolución DOG

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información