Historia e Obxectivos
Músicos ao Vivo S. Coop. Galega é unha sociedade cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, de ámbito galego, creada para ofrecer un servizo ao músicos galegos.
A cooperativa nace como continuación lóxica ao traballo realizado dende xullo de 2010 por Músicos ao Vivo en virtude do convenio asinado coas cooperativas de Musicat para facilitar o proceso de facturación dos músicos galegos. A nova cooperativa créase para dar mellor resposta á operativa propia que requiren os nosos socios (envío máis áxil e rápido de facturas, facturas proforma, sinatura de contratos, simplificación e diminución nos prazos de envío de documentación, trato coas institucións públicas galegas e adecuación ás súas exixencias, pagamentos individualizados aos músicos das formacións, etc).
As cooperativas de músicos existen dende mediados dos anos 90. Creáronse por iniciativa propia dos músicos coa intención de regularizar a súa situación laboral ante o reiterado incumprimento –ben por ignorancia, ben pola complexidade do sistema ou ben pola mala fe contractual- da normativa vixente, por parte de organizadores de espectáculos públicos.
A eficacia destas iniciativas queda patente perante o considerable aumento das altas de músicos na Seguridade Social alí onde as cooperativas prestan os seus servizos, coa conseguinte saída á luz de bases de cotización e ingreso de cotas na Seguridade Social. Tamén é evidente o crecemento das achegas fiscais dos músicos e artistas a través do IRPF e a través do IVE facturado polas cooperativas aos organizadores dos espectáculos.
OBXECTIVOS
- A posta en valor do traballo dás persoas dedicadas ao sector musical coa finalidade de promover a profesionalización da actividade de músico.
- Promover a difusión dá cultura musical de Galicia.
- Defender os intereses dos asociados e do colectivo