INFORMACIÓN DA COOPERATIVA

Regularización das cotizacións

imaxe do usuario Xestor Xestor
18 novembro 2019

REGULARIZACIÓN DAS COTIZACIÓNS DOS MÚSICOS/AS
Todo aquel músico ou música que teña realizado traballos musicais por conta allea dun xeito legal, recibirá no seu domicilio, a finais de ano, unha carta da Tesourería Xeral da Seguridade Social, na que se indica a liquidación definitiva das cotizacións do ano anterior.
Basicamente o que ofrece a Seguridade Social é unha opción ao propio traballador para que poda optar por una das dúas modalidades descritas: POR RETRIBUCIÓNS ou POR BASES COTIZADAS.

O RÉXIME DE ARTISTAS
O Réxime de Artistas, pese a estar integrado dende fai anos no Réxime Xeral, si que ten unhas notas características. Por un lado,  a contratación faise por xornadas de traballo completas (non por horas). Por outro, diferéncianse dous conceptos: Retribucións (o que o artista percibe) e Bases (o que o empresario declara para a aplicación dos tipos da S.S., e que ven marcada por unas táboas que se actualizan anualmente).
O empresario que contrata ao artista debe comunicar tanto a base de cotización como a retribución, pero soamente deberá cotizar polo establecido como base. A cotización do artista faise relativa ás súas bases e non ao número de actuacións (días traballados).
Deste xeito, anualmente deberanse recoller as bases cotizadas polo artista e dividirse entre 365. Se o resultado é maior que a base mínima diaria, considérase cotizado todo o ano. A cantidade resultante desta división será a base diaria cotizada a efecto de prestacións. En cambio se o  cociente é menor á base mínima dividirase a suma das bases anuais entre a base mínima e ese será o número de días cotizados, tendo como base a base mínima diaria. 

DEREITO A REGULARIZAR AS COTIZACIÓNS
Ao finalizar o exercicio económico, a Tesourería Xeral da Seguridade Social efectúa a liquidación definitiva aos traballadores por continxencias comúns e desemprego, tendo en conta as retribucións comunicadas e as bases cotizadas. 
O artista poderá optar por unha das modalidades descritas (por defecto aplícase a modalidade POR BASES COTIZADAS). Se opta por RETRIBUCIÓNS é habitual que os días de alta se incrementen (debido a que o salario percibido foi maior que a base de cotización aplicada), e neste caso será o propio artista quen abone á Seguridade Social as cotas relativas a desemprego e continxencias comúns do empresario (xunto coas súas) por ese incremento de días cotizados (mediante o modelo  TC-1/30).
Se o traballador non comunica nada á S.S, esta aplicará por defecto a modalidade de BASES COTIZADAS, o que na práctica implica non ter que facer ningún desembolso por parte do artista.
Este procedemento, ten influencia na consideración de días efectivamente cotizados, a efectos da súa vida laboral.
 

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información