Axenda

Escola de Verán Ourense "Resoando Co Sol 2020" Improvisación, Jazz e Musicoterapia 06-07-2020 19:06

Escola Muncipal de Música e Artes Escénicas de Ourense, Rúa da Canle, Ourense, 32004 Ourense
Teléfono: 667943895
Prezo: Non especificado

PRESENTACIÓN

https://casabaubo.com/1a-escola-de-veran-en-ourense-resoando-co-sol-improvisacion-jazz-e-musicoterapia-2/

Para min o verán sempre foi unha estación propicia para comezar proxectos, pois a luz e o calor, fontes de saúde, predispóñenme á alegría e ao goce. Este estado, posibilita que a miña creatividade se active espontaneamente. 

Quero darlle un empuxón ao jazz en Ourense, poñer en valor esta maneira de entender e organizar a Música, onde a improvisación supón unha forma de comunicación da identidade individual que favorece a escoita profunda no grupo, un diálogo múltiple, conciliador e único en cada ocasión.

A improvisación é unha ferramenta expresiva empregada tanto no jazz como na musicoterapia. AGAMUS naceu en Ourense no verán de 2003 e CASA BAUBO no 2009, tamén en Ourense, aínda que vivín fora da cidade durante case 2 décadas. Fai un ano volvín despois de moitas viaxes, experiencias e de transitar entre estas dúas profesións: Jazz e Musicoterapia. Este é o motivo de que me meta neste fregado estival. 

Cónstame que en Ourense hai unha tradición e é berce de solistas e grupos pioneiros. Estou segura que esta proposta terá unha estupenda acollida na cidade, como actividade de verán. Desexo que participen nenas, nenos e adultos de Ourense e a iniciativa anime a persoas doutras cidades a visitar a nosa preciosa cidade, aínda por descubrir.

En apoio á educación, a cultura e a favor da reactivación da escena musical, esta escola de verán sírvenos como adestramento e primeira rodaxe. Así, vamos preparando e fortalecendo o noso sistema inmunolóxico para continuar gozando e resoando no outono e no futuro.
Grazas por lerme.
Esperámosvos!
Montse Merino

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información