Axenda

CONCERTO DE IVÁN FERNÁNDEZ NO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA O DÍA 4/12/22 04-12-2022 12:00

Museo de Belas Artes da Coruña, Rúa Zalaeta, 2, A Coruña, 15002 A Coruña
Teléfono: 881 88 17 00
Prezo: Non especificado

AIRES GALEGOS - Iván Fernández

"Aires galegos" é unha viaxe sonora a través de obras inspiradas na nosa música tradicional dos autores que mellor representan o pianismo galego dos séculos XX e XXI.

O percorrido iníciase na Arxentina, onde a migración levou consigo a nosa tradición.
Alí cobraron vida o intimismo costumista do coruñés Andrés Gaos Berea e o cromatismo case wagneriano do compositor de orixe galega Isidro Maiztegui Pereiro.

De volta a Galiza topamos coa linguaxe vangardista do contemporáneo Miguel Matamoro, culminando co virtuosismo neoromántico de Juan Durán.

Esta proposta de programa pretende dar maior difusión e poñer en valor obras que son dignas de ser comparables ao repertorio máis afamado e que sen dúbida merecen un oco dentro do canon pianístico.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información