Axenda

Manseliña no Convento Madres Dominicas de Baiona 03-03-2024 13:00

Convento de las Madres Dominicas, Rúa Diego Carmona, 2, Baiona, 36300 Pontevedra
Teléfono: 986 35 51 34
Prezo: Non especificado

María Pérez se maenfestou” Cantigas de escarnio a María Balteira

 

María Pérez “Balteira”, fidalga natural de Armea (Betanzos), foi unha soldadeira dos séquitos de Fernando III “o Santo” e de Alfonso X “o Sabio”. Como outras mulleres nomeadas nos escarnios, é obxecto de sarcasmos escatolóxicos e sexuais. Porén, o numeroso das cantigas, as accións e os escenarios en que se desenvolven dan a entender que era unha muller omnipresente e ate influínte na política e na vida da corte: Ata 10 poetas, incluído o Rei Alfonso poetizan as súas accións, de xeito que é o nome feminino máis recurrente na nosa poesía medieval, trala Virxe María.

Neste concerto presentamos unha mostra dos 16 escarnios a María Pérez “Balteira”, nos que non se conserva a música. Grazas á técnica medieval chamada “contrafactum” ou “cantiga de seguir” reutilizamos melodías que circulaban por Europa nos s. XII y XIII, para restaurar a poesía tal e como foi concebida: para ser cantada.

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información