Anunciabamos hai un mes, que Músicos ao Vivo e a CRTVG viñan de activar unha nova vía para que @s músicos galeg@s completasen o arquivo da CRTVG co material audiovisual propio. Entendemos por material audiovisual propio, os videoclips, gravacións de directos, etc... Xa van chegando pouco a pouco material dos grupos, pero queremos asolagar o arquivo da TVG con vídeos, concertos, e material promocional. Debemos aproveitar esta oportunidade para facer uso dos medios públicos. Axudemos a difundir a nova. Para facer chegar os arquivos audiovisuais habilitamos este novo mail arquivo@musicosaovivo.com, ó cal haberá que enviar os vídeos a través de wetransfer, dropbox, ou calquera outra plataforma de transferencia de documentos pesados. Asegurádevos de que o material cumpre cos standards mínimos de emisión en broadcast, e lembrade que o formato debe ser 16:9.
E non esquezades que Músicos ao Vivo traslada unha listaxe semanal á CRTVG de todos os concertos que aparecen na axenda da nosa web. O xeito de aparecer nesta publicación semanal será introducindo os concertos na nosa web www.musicosaovivo.com. É público, é libre, é gratuíto. Que máis queremos?