Here comes the Summer!!... que dirían the Undertones aló polos primeiros oitentas, e a verdade é que aquí xa estaba tocando un chisco de verán. Pero en Galicia, cando chega a tempada estival, parece que berramos algo ben distinto: chegaron os festivais!!!
Hai para tódolos gustos. Dende os míticos festivais celtas con anos e anos de tradición, ata os novos festivais que nacen cunha nova identidade cultural e musical. Hai festivais que son auténticos emporios económicos que sustentan ós promotores durante todo o ano, e hainos que emanan dun colectivo ou asociación que o sustenta a base do seu propio esforzo. Hai festivais institucionais, e hai festivais que rallan o vandalismo. Hai festivais que marcan tendencia dentro da escena musical anual, e hainos que nada teñen que ver coa música. Festivais de acampada, festivais urbanos, festivais de pulseira, e festivais pasados por auga. Seguros de responsabilidade civil, contratos e churrasco, carpas, backlines, calor e moita noite. Chegou o verán a Galicia, e detrás veu unha marea de festivais... Cal é o teu?