imaxe da nova
Contratos

Bye bye business

imaxe do usuario Xestor Xestor
15 xuño 2013

Parece que este será o verán no que a industria do directo tal e como se coñecía ata o de agora pase a mellor vida. O cambio de modelo da industria musical foi total. Afectou á industria discográfica, ó negocio editorial, ós hábitos de consumo, á cultura do directo, á promoción privada, ás empresas de servizos, ós músicos, ós concellos, ós sistemas de programación, á creación mesma, etc... E sería incorrecto non ver aspectos moi positivos en todos e cada un destes cambios. Por suposto. Pero, é que en menos dun ano, todo isto púxose outra vez de patas para arriba coa chegada definitiva da crise/estafa e a hipocritamente denominada austeridade. Se lle sumamos o corte arbitrario dos orzamentos públicos, a subida case terrorista do IVE cultural, e a perda do poder adquisitivo do consumidor cultural, temos unha tormenta perfecta da que non se salva practicamente ninguén.

Nesta semana declaraban as dúas principais asociacións de promotores de concertos españolas (APM e ARTE), que neste ano prevén perder o 50% dos ingresos con respecto ó ano anterior, que xa eran uns ingresos de período crise. O cambio de sector de gran parte das 400 empresas que integran ditas asociacións, parece inevitable.

Cando pase o verán, haberémonos preguntar cantos sobreviviron, cantos se transformaron, e tamén cantos souberon xogar os cambios ó seu favor.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información