imaxe da nova
Protocolo contra o acoso sexual

Cultura Galega, Descanse En Paz.

imaxe do usuario Xestor Xestor
1 xuño 2013

No ano da desfeita orzamentaria, non se salva ninguén. Ou polo menos ninguén importante, porque no tocante ás partidas orzamentarias máis absurdas, que son das que menos sabemos, seguro que a cousa non está tan fodida. Na Xunta cambiamos audis por citroens, quitamos asesor@s dun lado e metémol@s como asistent@s especializad@s, fusionamos Consellerías e creamos novas Secretarías Xerais, despedimos persoal por un lado e repartimos contratos polo outro. É o valse da austeridade. Que ninguén quede sen cadeira. E nós, @s cidadáns, @s traballador@s, no medio, perplex@s. Nós, co paso cambiado,  asistindo ó desgoberno de todo, ó sálvese quen poida, á supervivencia d@s amig@s do poder. E pasan os meses, e parece que as medidas improvisadas do austericidio “porquesí”, xa forman parte do decálogo do novo político. D@s aprendices desta nova fornada de neoxestor@s que son os tiburóns contemporáneos, @s superviventes do caos, os machos alfa... @s máis listill@s, vamos. E nós, no medio, perplex@s.

Con esta perspectiva, ¿a quen lle importa a Cultura? ¿E a Cultura Galega?¿Alguén vai perder un minuto do seu tempo en imaxinar como salvar os mobles? Ante o afundimento, ¿alguén se vai facer cargo do temón? O recorte do Culturgal xa nin sequera é a pinga que reborda o vaso, iso xa foi no 2012. Nin sequera é a puntilla que remata ó animal moribundo, iso foi a comezos de ano. Supoñemos entón, por pura lóxica, que o próximo Culturgal, pretenden que sexa dunha vez por todas, o enterro da Cultura Galega. Descanse en Paz, pois.

Novas Relacionadas

Inicio de sesión Rexistro
¿Olvidaches a contraseña?
Inicio de sesión Rexistro
or
Inicio de sesión Rexistro
Rexistro
Mediante o acceso á web, aceptas de xeito expresa que podamos usar este tipo de cookies nos teus dispositivos. Clica aquí para máis información