A Asociación de Profesores de música de secundaria e bacharelato de Galicia (ASOMUSICA), fainos chegar o manifesto elaborado pola Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español (COAEM) contra a LOMCE, no referente á Educación Musical, así como a súa petición de apoio e difusión.
Entre as “perlas” que agocha a LOMCE, destaca o manifesto que, coa nova lei, un alumno ou alumna poderá acabar a súa escolarización obrigatoria en España sen ter cursado nin un só minuto de Música. Lembramos que neste ano, Suíza reformou a súa constitución para blindar a obrigatoriedade da educación musical en tódalas etapas do ensino.
Lémbrase que a educación musical e artística é unha das oito competencias establecidas polo Parlamento Europeo, competencias chave para a aprendizaxe permanente de todo cidadán da Unión Europea. Esta directriz é do ano 2006.
Por outra banda, denunciase que a distinción entre materias troncais, obrigatorias ou dependentes, denigra a unha parte esencial do ensino e non comprende a educación como unha formación integral do individuo, senón que entende ás persoas como robots estancos nos que introducir información rendible para o seu futuro posto de traballo.
Por qué este ataque á cultura, á música, a unha formación de calidade?
Por todo isto e moito máis, Músicos ao Vivo apoia e difunde este manifesto.